Terra á Vista
A downloadable game for Windows
"Terra á Vista" é un xogo de estratexia casual no que xestionarás distintos faros da costa galega para orientar aos barcos que se achegan a porto e evitar que naufraxien.
Creado en seis días para a Ghrelo Jam 2022. O tema era "Luz".
Dirixe a luz do faro cara os barcos para que atraquen sen problemas no muelle. Pode que precisen orientación varias veces se son embarcacións grandes e lentas!
Controis:
- Mover a luz do faro - Cursor
- Pausa - P/Esc
Estados do barco
A dificultade aumenta cantos máis barcos sexas capaz de salvar. O xogo remata cando dez barcos naufraxien.
Ollo! Non tódalas costas son iguais, nalgunhas poderás encontrar illas:
Estas rochas non son visibles para os barcos ata que apuntes co faro cara elas. Evita que os barcos choquen e naufraxien!
Créditos
O noso equipo!
- Jandro Darriba (jandrodarriba) - Deseño de Niveis e Son
- Silvia Fernández (sylfere ) - Arte
- Carolina Nickelle (Miki Momochi) - Deseño de Xogo e Arte
- Sara Romero (sauzkrone) - Arte
- Diego Vilariño (OdaNanako) - Programación
Varios efectos de son foron recollidos de https://freesound.org/ baixo licencia CC0:
"Boat Horn" - Devy32
"Chairs break" - issalcake
"Seagull on beach" - Squashy555
"Sea Night" - Riabad
"Water Splash" - speedyGonzo
"Wood board hit" - Alex Mackay
"Wood crack" - Diramus
Status | Released |
Platforms | Windows |
Rating | Rated 4.0 out of 5 stars (1 total ratings) |
Authors | Sylfere, Diego Vilariño, Miki Momochi, jandrodarriba, Sauz |
Genre | Strategy |
Tags | 3D, ghrelojam, Indie, Singleplayer, Unreal Engine |
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.